A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO), en colaboración con diversas organizacións sociais, organiza tres actos públicos en Galiza co obxectivo de analizar e desmontar as mentiras difundidas sobre a República Bolivariana de Venezuela en redes sociais e medios de comunicación. Baixo o título “Venezuela non é como contan as redes”, os eventos buscan achegar unha visión crítica e fundamentada sobre a realidade venezolana, combatendo o discurso manipulador co que se intenta desacreditar o proceso bolivariano.
Nestes encontros contaremos coa participación de diversas figuras do activismo social e político que coñecen de primeira man a situación real en Venezuela, así como con representantes diplomáticos que ofrecerán unha visión directa e documentada sobre a situación do país.
Calendario de actos:
Acto en Vigo
Data: Mércores 29 de xaneiro de 2025
Hora: 19:30
Lugar: Consulado de Venezuela en Vigo
Relatoras/es: Alexandre Basteiro, Celso López (activista político e social), Ana Mosquera, Martín Pacheco.
Organiza: AGABO
—————————————————————————————————————————————-
Acto en Santiago de Compostela
Data: Mércores 5 de febreiro de 2025
Hora: 19:30
Lugar: Facultade de Ciencia Política
Relatoras/es: Paulo Alonso (activista político e social), Ana Mosquera (presidenta de AGABO), Martín Pacheco (Cónsul de Venezuela en Galiza).
Organiza: AGABO
Colabora: ERGUER
—————————————————————————————————————————————
Acto en A Coruña
Data: Xoves 20 de febreiro de 2025
Hora: 19:30
Lugar: Sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36 – 1º)
Relatoras/es: Alexandre Basteiro (activista político e social), Ana Mosquera, Martín Pacheco.
Organiza: AGABO
Colabora: A.C. Alexandre Bóveda
Un convite á reflexión crítica
Estes actos representan unha oportunidade única para a cidadanía galega de coñecer en profundidade unha realidade frecuentemente manipulada polos grandes medios. A través das intervencións das relatoras e relatores, desmentiranse as fakenews e amosarase o traballo realizado desde a Revolución Bolivariana para combater a desinformación e construír un discurso alternativo baseado na verdade.
Animamos a toda a sociedade galega a participar nestes encontros, nos que non só se ofrecerá unha perspectiva sólida sobre Venezuela, senón que tamén se abrirá un espazo de reflexión e debate crítico sobre os retos da comunicación no mundo actual.


