En solidariedade co pobo de Venezuela nesta traxedia natural

A terra tremeu en Venezuela. Un golpe que sentimos porque alí, en cada recuncho desa terra bolivariana, vive un anaco de Galicia. Vivimos nós, os galegos e galegas que alí atopamos un fogar, e viven tamén os venezolanos que son nosos irmáns de sangue e de loita.

Desde a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, queremos abrazar con toda a nosa forza a cada familia en loito, a cada ferido, a cada rescatista que, coas súas mans esgazadas, busca un latexo entre o formigón. Non estamos alí fisicamente, pero o noso corazón está traballando nas ruinas, está sufrindo con vós.

Sabemos que o pobo venezolano sabe levantarse das cinzas con xenerosidade e con amor.

E nesta hora de dor, alzamos a voz en solidariedade cos fillos de Chávez e Bolívar, coa súa xente e co seu Goberno lexítimo. A terra tremeu, si, pero estamos convencidos de que Venezuela se fará máis forte, máis unida e máis digna despois de cada escombro.

Non é casualidade que a terra protestase, irmáns. A terra protesta polo aldraxe gringo do tres de xaneiro. A natureza e a historia falan a mesma lingua, e nós, galegos e bolivarianos, sabemos escoitar esa lingua.

Ofrecemos o noso apoio moral, a nosa man tendida e o noso firme compromiso de axuda na medida das nosas posibilidades.

Non están sós. Venezuela abriu os seus brazos aos nosos avós e pais, deulles traballo, amizade e esperanza. Hoxe é o noso turno de devolver ese abrazo, aínda que sexa a distancia, porque a distancia non rompe o que nos une: a historia, o suor, o soño compartido.

Forza, irmáns. A reconstrución será longa, pero camiñaremos xuntos. E o sol da mañá volverá brilar sobre unha Venezuela máis firme e soberana.

O PESIMISMO NON É REVOLUCIONARIO

Ana Mosquera

Hai unha esquerda galega e tamén europea que se caracterizou sempre por ter a pel moi fina coas decisións tomadas por compañeiros con responsabilidades de Goberno en asuntos críticos, que sempre está disposta a saltar para desmarcarse e estar lonxe de calquera partícula de po.

Cando en Vigo houbo un alcalde do BNG os disparos do bando amigo fixeron tanto ou máis dano que os contrarios. Outro tanto ocorreu co bipartito da Xunta. Non era que  todas as críticas fosen desatinadas. O problema creouse por facelas de forma ostentosamente pública, por quen debía ser compañeiro de viaxe. Ademais as máis feroces centráronse en feitos concretos que hoxe chamariamos “instagrameables”. Unha procesión, un coche ou un traxe tiveron máis peso para estes opinadores que as liñas políticas do Goberno Galego. Eses ataques internos deron munición ao outro bando e desarmaron moralmente aos nosos compañeiros.

Agora estamos empezando a ver de novo esa “pel sensible” cando se fala de Venezuela. Diosdado Cabello dixo moitas veces: “dubidar é traizón”.  Iso é  unha frase feita. Só propaganda. Dubidar é xustamente o que nos levou desde ese lado do Atlántico a apoiar os gobernos bolivarianos, primeiro de Chávez e despois de Maduro. Dubidar, cuestionar o que vemos e oímos é imprescindible.

O que ocorre é que cando as dúbidas forman parte da guerra, expoñelas públicamente sen información suficiente dá armas a un bando, que case nunca é o noso.

Resulta doado cuestionar a reacción de Venezuela desde o 3 de xaneiro. De feito o máis doado é apartarse de Venezuela coa superioridade moral de quen só se compromete con causas inmaculadas. Este tipo de militancia tende a antepoñer a satisfacción da súa conciencia persoal, pero cando se xoga en equipo non se pode pedir ao árbitro que nos pite un penalti en contra.

De Venezuela fáltanos a maior parte da información do que ocorreu e ocorre internamente. Ademais esa información non a imos a ter de inmediato porque se está librando unha guerra, e nas guerras non se fan públicas as estratexias. Por iso en  conciencia non debemos anticiparnos a opinar ferindo de morte aos nosos e armando ao inimigo. Isto non quere dicir que non tomemos nota e que non esteamos atentos. Pero sen esquecer que acusar publicamente aos propios sen información suficiente non é un mérito revolucionario.

A realidade en Venezuela e no mundo neste momento é moi dolorosa. Pero máis eficaz que derrotarse lamentando os atrancos resulta visualizar con calma o destino.

Hai anos eu facía excursións polas montañas. Moitas veces había que avanzar monte a través, sen camiño. Podía quedar atrapada nas silvas e nos toxos, ou ter unha torcedura. Todas esas cousas pasáronme. Nese momento tocaba lamber as feridas, levantar a cabeza e ver o obxectivo para saír da silveira. Ás veces o obxectivo estaba só a 10 escasos metros e aínda así non quedaba mais remedio que retroceder e desandar o camiño para poder alcanzalo. É unha obviedade, pero as veces, as veces as silvas impídennos ver o camiño que diría Mao se vivise na Galiza despoboada ao leste da AP9.

Hoxe, os que hai seis meses eran os nosos compañeiros en Venezuela están nunha silveira pechada pero iso non os converte en traidores, nin en vendidos. Convérteos en persoas feridas e seguramente exhaustas. Ata que non saian desta trampa e actúen cos pés liberados das silveiras non podemos acusalos por retroceder.

Os EEUU están preto da súa caída. Isto vai causar dor ao mundo, pero non debemos esquecer que o claro do bosque está máis cerca. Trump non é o imperialismo. É só unha peza do sistema. Pero esa peza constitúe unha evidencia da descomposición do imperio. Trump seguramente será descrito polos historiadores como un Calígula ou un Nerón, como a proba de que o imperio non sabía cara onde dirixirse.

Venezuela está hoxe examinando a forma de saír da súa silveira particular e as veces hai que ir cara atrás para atopar un camiño. Sexamos cautos e evitemos ser parte da profecía autocumprida. Non disparemos contra os nosos.

Actos en Compostela e Vigo: Imperialismo: Ataque á Soberanía dos Pobos. Do secuestro de Maduro á Guerra Global

Na actual conxuntura internacional, o imperialismo é o principal factor de  desestabilización global. Opera a través de mecanismos de dominación política,  económica e mediática que atacan directamente a soberanía dos pobos e condicionan o  destino da humanidade. A violencia política, a instrumentalización dos conflitos, as  sancións coercitivas, as guerras híbridas, a intoxicación informativa e as inxerencias  sistemáticas responden a unha mesma lóxica de poder. Unha lóxica imperial que sostén  a confrontación global e impón os seus intereses por riba da vontade dos pobos. 

Baixo esta perspectiva, a Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez (AGABO), en  colaboración co Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela, organiza o  acto Imperialismo: Ataque á Soberanía dos Pobos. Do Secuestro de Maduro á Guerra Global”, un espazo de análise crítica que sitúa o imperialismo no centro do  debate contemporáneo e interpela directamente á realidade internacional actual. 

O evento será unha entrevista aberta guiada por María Obelleiro, exdirectora de Nós Diario, cunha  traxectoria comprometida coa información crítica e coa defensa da soberanía popular, actualmente é docente no ensino público galego.  Intervirán Martin Pacheco Morillo, Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela  en Vigo, e Ignacio Ramonet Miguez, escritor e xornalista, analista internacional e unha  das voces máis influentes do pensamento crítico contemporáneo, exdirector de Le  Monde diplomatique e referente no estudo da comunicación e da xeopolítica global.

O acto pretende desentrañar, con claridade e sen ambigüidades, as claves da ofensiva  imperialista no século XXI a través de feitos recentes de enorme relevancia internacional:  o secuestro de Nicolás Maduro, a presión sostida contra Cuba, Colombia ou México, a  escalada bélica contra Irán e o xenocidio do pobo palestino. A partir destes casos,  analizaranse os mecanismos de intervención, as estratexias de dominación e o papel dos  medios na construción de relatos que buscan lexitimar estas dinámicas. Ao mesmo  tempo, abrirase un espazo para identificar e reforzar as respostas e resistencias que os  pobos están a artellar fronte a esta ofensiva global. 

Datas e lugares:  

* Mércores 6 de maio de 2026 – 19: 30 horas 

 Casa das Máquinas. Rúa Galeras s/n na cidade Santiago de Compostela 

* Venres 8 de maio de 2026  – 19: 00 horas 

 Galería A3 do Museo MARCO. Rúa Príncipe, 54 na cidade de Vigo 

Estes encontros promoverán unha análise crítica da realidade actual ante a agresión  imperialista global e convida á participación cidadá nun espazo aberto ao debate.

Infórmate con sentido

A revolución sigue

A guerra comunicacional trata de vencernos agora coa desconfianza. Ten unhha informacion directa e contrastada,. Aqui poñermos a tua disposición algúns links para ter outra informacion

Analise independente: MISION VERDAD

Television:

X:

https://x.com/RoiLopezRivas (este é moi confiable e activo)

Canles de Telegram

 Creadores de Contido

Varios milleiros de persoas rexeitan a agresión ianqui a Venezuela ao berro de “o imperialismo é terrorismo”

A marcha, convocada pola Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez xunto a unha vintena de organizacións, percorreu as rúas de Compostela este mediodía

Máis de 2.000 persoas mobilizáronse hoxe en Santiago de Compostela ao berro de “o imperialismo é terrorismo” para rexeitar a agresión militar dos Estados Unidos a Venezuela e para esixir a inmediata posta en liberdade do seu presidente, Nicolás Maduro, e da deputada Cilia Flores. A marcha, convocada pola Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez e outras organizacións sindicais, políticas e sociais baixo o lema ‘Non ás agresións ianquis a Venezuela, pola paz e a soberanía dos pobos’, percorreu as principais rúas da capital de Galiza ao mediodía para trasladarlle unha mensaxe de solidariedade e de apoio ao pobo venezolano que resiste fronte aos ataques do imperialismo estadounidense.

A manifestación arrincou da Alameda pasadas as 12:00 horas para denunciar que o que está a acontecer no país caribeño constitúe unha violación grave do Dereito Internacional e do sistema multilateral, ademais de vulnerar a Carta das Nacións Unidas e do seu principio de prohibición do uso da forza contra a integridade territorial dun Estado. A intervención dos EUA en Venezuela é un ataque contra o seu dereito á soberanía nacional e trátase dunha manobra “ilegal” xa que carece de autorización do Consello de Seguridade da ONU.

Ao remate da marcha, xa na Praza de Praterías, deuse lectura ao seguinte manifesto:

O 3 de xaneiro o mundo foi testemuña duns actos brutais en Venezuela. Os Estados Unidos de América abordaron o territorio venezolano, mataron a máis de 100 persoas e destruíron almacéns de medicinas e servidores informáticos da universidade.

Este ataque non é un feito illado senón a culminación de décadas e inxerencia estadounidense nos asuntos internos de Venezuela, especialmente desde que o comandante Chávez chegou ao poder e promulgou a Lei de Hidrocarburos, destinando a renda petroleira ao benestar do pobo venezolano.

Este ataque incumpre numerosas normas de dereito internacional:

  1. Violación da Soberanía Territorial, Prohibición do Uso da Forza, Violación do Principio de Non Intervención.
  2.  Vulneración da Inviolabilidade do Xefe de Estado.

Os argumentos para xustificar esta intervención foron falsos e ademais cínicos:

  1. Narcotráfico:

Falaban de loita contra o narcotráfico, pero mentres atacaban Venezuela indultaban a Juan Orlando Hernández, ex-presidente de Honduras, condenado polos tribunais estadounidenses a 45 anos por narcotráfico.

  • Presidente ilexítimo:

Fixeron crer a moita xente, algúns incluso con boa fe, que as elección de 2024 foran gañadas en Venezuela pola oposición. Agora mesmo o propio presidente dos Estados Unidos recoñece publicamente que a oposición venezolana carece de apoio popular, lexitimidade e respecto, o que fai insostíbel esa narrativa.

Pero por se alguén tiña dúbidas sobre cales eran as intencións do Imperio, xa antes de que o presidente Maduro chegara como prisioneiro de guerra a Nova York, Donald Trump expuxo claramente por segunda vez en poucas semanas que o que quería de Venezuela era petróleo gratis e apropiarse do resto de recurso naturais, volvendo de forma ostentosa a doutrina Monroe para converter Venezuela nunha colonia do imperio americano.

Esta política quere impulsar o patrón dólar como única moeda de referencia, dado que xa desde hai máis de un ano o comercio internacional de Venezuela se estaba a realizar noutras moedas, o que supón un risco para unha economía estadounidense que co patrón dólar ve alimentada a súa conta de ingresos.

Este ataque inicia unha nova época na que de forma groseira os EUA pretenden exercer o imperialismo xa sen sequera gardar as formas. Ninguén pode levarase a engano e por iso non é o momento de ser mornos ou ambiguos.

É hora de denunciar con firmeza estas practicas imperialistas e solidarizarnos co pobo venezolano.

Pero tamén co conxunto dos pobos de América Latina que viven bloqueados polos Estados Unidos de América, algúns desde hai décadas como o caso de Cuba. E outros que sofren ameazas como Colombia ou México.

Así como con Oriente Medio e co continente africano, que veñen sufrindo constantes agresións imperialistas. E como non co pobo palestino, que padece un xenocidio por parte do goberno sionista de Israel amparado por Donald Trump e Marco Rubio.

Isto non é só sobre Nicolás Maduro. Isto é sobre se aceptamos a aplicación da lei do máis forte, da forza bruta impoñéndose sobre as regras mínimas de convivencia dos pobos e no marco da normativa internacional.

Non podemos resignarnos a que os pobos sexan vítimas dos caprichos e desexos do novo imperialismo. O mundo ten experiencias. No século pasado este tipo de “aventuras” remataron con cruentas guerras.

Por iso erguemos a voz para:

1)           Esixir con firmeza dentro do respecto á soberanía dos pobos.

  • A liberación inmediata e segura do presidente Nicolás Maduro Moros e de Cilia Flores.
  • O cesamento total da agresión militar imperialista e o respecto absoluto á integridade territorial da República Bolivariana de Venezuela. República que acolleu a miles de galegos nos anos da fame franquista e a revolucionarios galegos como Xosé Velo.
  • Que a comunidade internacional actúe con firmeza e sen ambaxes. Que condene de forma unánime esta violación e traballe para restaurar a lexitimidade baseada no dereito e na soberanía popular.
  • Cesamento inmediato das inxerencias no resto das nacións. Respectando o dereito á soberanía dos pobos e non intervención en cuestións internas e externas.

Hoxe o pobo galego consciente que participa nesta mobilización de dignidade e antiimperialismo quere MANIFESTAR a ROTUNDA CONDENA aos Estados Unidos de América e ao goberno de Donald Trump pola agresión militar e intervención en Venezuela. E o apoio á presidenta encargada, Delcy Rodríguez, que con dor asumiu esta misión, no marco da Constitución venezolana.

E como non, enviamos as nosas condolencias aos familiares das persoas mortas. Saudamos con honra aos militares venezolanos falecidos e tamén aos civís e enviamos unha enorme aperta aos amigos cubanos como exemplo de solidariedade internacionalista e sempre no apoio dos procesos revolucionarios, sexan en países de África ou en Venezuela.

O imperialismo non pasará sen oposición, aquí está a mostra real de dignidade. Desde Galiza enviamos unha mensaxe clara ao mundo: IMPERIALISMO, NUNCA MÁIS!

Galería: Manifestación “Alto á agresión ianque contra Venezuela, Pola paz e soberanía dos pobos”

Máis de 2.000 persoas mobilizáronse hoxe, 10 de xaneiro de 2026, en Santiago de Compostela ao berro de “o imperialismo é terrorismo” para rexeitar a agresión militar dos Estados Unidos a Venezuela e para esixir a inmediata posta en liberdade do seu presidente, Nicolás Maduro, e da deputada Cilia Flores. A marcha, convocada pola Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez e outras organizacións sindicais, políticas e sociais baixo o lema ‘Non ás agresións ianquis a Venezuela, pola paz e a soberanía dos pobos’, percorreu as principais rúas da capital de Galiza ao mediodía para trasladarlle unha mensaxe de solidariedade e de apoio ao pobo venezolano que resiste fronte aos ataques do imperialismo estadounidense.

Estase levando a cabo o plan que tiña previsto o presidente Maduro con Delcy ao fronte.

NICOLAS MADURO GUERRA nunha video conferencia cuns mil asistentes de todas as nacionalidades, manifesta o seu apoio e o de toda a revolucion a vicepresidenta Delcy Rodriguez.

Durante un encontro telemática cunhas 980 persoas de todo o mundo a través de zoom, este 8 de xaneiro de 2026, o fillo do presidente Maduro afirmou que -o que se está levando a cabo agora é o o plan que tiña previsto o presidente Maduro con Delcy ao fronte, porque ela é a vicepresidenta- Asi .mesmo Maduro Guerra expresou que xa non é so que apoie totalmente a Delcy senón que se sinte fusionado con ela.

O país está en paz calma e avanzando con moita dor, dor que converten en forza. Piden axuda para ganar a opinión publica e loitar contra os bulos que falan de traizons

Datos sobre o ataque.

Na mesma comparecencia deu novos datos sobre o ataque.

Usáronse mais de 150 aeronaves. Neutralizáronse os radares cunha tecnoloxía punta. Quedaron cegos, non podía saír ningún avión. Isto levouse a cabo cun avión que afecta a todos os sistemas de defensa- neste sentido os veciños de Forte Tiuna refiren unha especie de zumbido que durou dúas horas-  .

A tecnoloxía foi a base. Venezuela foi un ensaio?. Preguntase Maduro Guerra.

Reportansen mais de 100 mortos entre civís y militares. Tamén asegura que morreron en combate, que pronto se poderá dicir máis.

Os soldados americanos pcoidaban que o Presidente estaba nun cuarto de seguridade e voaron aporta do salón que era de madeira,-as súas pantuflas aínda están no seu sitio-.  Había dúas persoas con Maduro e Cilia Flores que non faleceron. Parece que durante a voadura da porta foi cando se feriu Cilia Flores. Ela foi atendida de inmediato por un equipo medico que viña co exercito de EEUU, xa que tiñan a orde de capturar  vivo a Maduro.

Cilia non estaba no plan. Ela esixiu que a levasen. Maduro Guerra emocionase ao falar da muller do seu pai. El foi camiñando “Vamos a la lucha. Vamos a la batalla.”

Venceremos

Manifestación en Compostela baixo o lema “Alto á agresión ianque contra Venezuela, Pola paz e soberanía dos pobos”

As organizacións convocantes, a Asociación AGABO e as integradas no Capítulo Galego da Internacional Antifascista (AGABO, Asamblea Republicana de Vigo , Asociación Galego Cubana Francisco Villamil, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Central Unitaria de Traballadoras (CUT), Comité Antifascista da Louriña, Comité Galego do PCE (m-l), Colectivo da Raia, Comunismo Revolucionario Galego, Confederación Intersindical Galega (CIG), Encontro Galego contra a OTAN, Fundación Moncho Reboiras, Galiza Nova, Insubmisas contra o Rearmamento, Mar de Lumes, Movemento Arredista, Partido Comunista de Galicia (PCG), Partido Comunista da República Galega (PCRG), Partido Comunista do Pobo Galego, Partido Comunista dos Pobos de España – Comunistas da Galiza, Plataforma Antifascista e Republicana, Podemos Galiza, Unión do Pobo Galego (UPG), Xuventude Comunista de España (Marxista-Leninista) chamamos á mobilización o próximo sábado 10 de xaneiro ás 12h na cidade de Santiago de Compostela desde a Alameda baixo o lema “Alto á agresión ianque contra Venezuela, Pola paz e soberanía dos pobos” para condenar a agresión militar dos EEUU contra Venezuela, rexeitar o secuestro do presidente venezolano Nicolas Maduro e da primeira dama, Cilia Flores, expresar a nosa solidariedade co pobo venezolano e defender o dereito á soberanía do pobos.

O sucedido constitúe unha violación grave do Dereito Internacional e do sistema multilateral :

  • Vulnera a Carta das Nacións Unidas e o seu principio de prohibición do uso da forza contra a integridade territorial dun Estado.
  • Vulnera o dereito á soberanía nacional de Venezuela.
  • Carece de autorización do Consello de Seguridade da ONU, polo que é ilegal.
  • Establece un precedente perigoso que ameaza a seguridade global e rexional.

Desde as organizacións convocantes facemos un chamamento ao movemento político, sindical, asociativo e social da Galiza para mobilizarse masivamente o próximo sábado en Santiago de Compostela, Galiza é un país solidario e internacionalista, afirmamos con rotundidade: non á guerra, non á inxerencia, si á soberanía dos pobos e á paz. Galiza coa Venezuela!

CONCENTRACIÓN URXENTE EN VIGO ANTE A AGRESIÓN MILITAL DOS EEUU EN VENEZUELA

Desde o Capítulo Galego da Internacional Antifascista impulsada desde a Asociación AGABO e composta polas organización AGABO, BNG, CIG, CRG, CUT, MAR DE LUMES, MOVEMENTO ARREDISTA, PCG, PCRG, PODEMOS GALIZA e UPG convocan unha concentración urxente hoxe sábado 3 de xaneiro ás 20h diante do Consulado da República de Venezuela na cidade de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 3) ante os ataques militares e golpe de estado impulsado por Donald Trump na madrugada deste sábado 3 de xaneiro.

As organizacións políticas, sindicais, culturais e sociais que integramos o Capítulo Galego da Internacional Antifascista  expresamos o noso rexeitamento total á intervención militar desencadeada nas últimas horas en Venezuela e a calquera forma de agresión armada externa contra un pobo soberano. Nas últimas horas producíronse ataques a gran escala e explosións en Caracas e noutras zonas do país, nunha escalada gravísima que pon en risco a poboación civil e a estabilidade rexional.

Condenamos enerxicamente o uso da forza militar como ferramenta política e denunciamos que esta operación vulnera principios básicos do Dereito Internacional e da Carta das Nacións Unidas. Resulta especialmente alarmante que, segundo información difundida por autoridades estadounidenses e recollida por medios internacionais, se afirme a captura e traslado fóra do país do presidente Nicolás Maduro. Tal e como afirma o lexitimo goberno venezolano nestas últimas horas aconteceu unha grave “agresión militar” e violación da soberanía.

Reafirmamos que ningunha narrativa imperialista xustifica unha intervención militar: nin a “seguridade”, nin a “loita contra o suposto narcotráfico”, nin intereses xeopolíticos ou económicos poden estar por riba do dereito dos pobos a decidir o seu futuro sen ameazas, sancións nin imposicións.

Esiximos:

  • Cese inmediato das accións militares e retirada de calquera dispositivo de intervención americano en Venezuela.
  • Protección efectiva da poboación civil e garantías para a atención humanitaria.
  • Que a comunidade internacional e os organismos multilaterais actúen para deter a escalada e abrir vías de diálogo político baixo principios de soberanía e non inxerencia.

Desde Galiza, terra de emigración e solidariedade, reiteramos a nosa irmandade histórica co pobo venezolano e chamamos ás organizacións sociais, sindicais, culturais, feministas, xuvenís, veciñais, de emigrantes e retornadas, así como ao mundo académico e ás forzas vivas do país, a  difundir esta convocatoria e mobilizarse contra a intervención militar imperialista dos EEUU dirixida por Donald Trump ante a soberanía venezolana e o goberno lexítimo de Venezuela

Non á guerra. Non á intervención militar. Si á paz e á soberanía dos pobos.

ALTO A AGRESION IANQUI CONTRA VENEZUELA

Pola paz e soberania dos Pobos

As organizacións sociais, políticas, sindicais, culturais, feministas, veciñais, ambientalistas, de solidariedade internacionalista e de defensa dos dereitos humanos de Galiza QUW subscribimos este manifesto, erguemos a voz contra as actuais ameazas bélicas na rexión do Caribe para expresar o máis firme compromiso coa paz, coa xustiza social e co dereito dos pobos a exercer a súa soberanía en paz, sen inxerencias imperialista. Manifestamos o noso enérxico rexeitamento ante a escalada de agresividade militar e política promovida polo Goberno dos Estados Unidos contra a República Bolivariana de Venezuela e outros países da rexión unha escalada que vulnera de maneira flagrante o Dereito Internacional e a Carta das Nacións Unidas. Nas últimas semanas fomos testemuñas de actos que traspasan todos os límites execucións extraxudiciais, despregamentos militares de gran envergadura en augas do Caribe, sancións económicas unilaterais crecentes. Acción que desde hai anos xa teñen causado vítimas inocentes e que buscan castigar aos pobos que en uso da súa soberanía deciden non render contas ao imperialismo dos EEUU. Hoxe estas acción escalan un paso mais e lembran as máis sombrías prácticas de intervención e dominación que a humanidade leva décadas presenciando e denunciando. A presenza da Frota do Sur dos Estados Unidos fronte ás costas venezolanas non é unha manobra defensiva, é un acto de guerra, tal como indica o nome do departamento encargado destas accións. Denunciamos e condenamos as execucións extraxudiciais a tripulantes sin identificar de lanchas no Caribe, cualificadas polo Secretario de Guerra dos EEUU como “execucións cinéticas letais”, e que non son mais que crimes de lesa humanidade. Rexeitamos a narrativa do “narcoestado”, utilizada historicamente para xustificar operacións de desestabilización contra gobernos que non se someten aos ditados de Washington, que non se corresponde coa realidade descrita por informes internacionais. Esta retórica busca crear un clima de opinión favorábel a unha intervención militar, e dar nunha pobre aparencia xurídica que pretende ocultar intereses xeopolíticos e económicos, nomeadamente o control dos bastos recursos enerxéticos e minerais de Venezuela. Defendemos con firmeza a soberanía do pobo venezolano e o seu dereito inalienábel a decidir o seu futuro mediante o diálogo político inclusivo, sen sancións que castiguen á poboación e sen ameazas de forza. A paz verdadeira constrúese a través do respecto mutuo, da cooperación e da aplicación imparcial do Dereito Internacional, non mediante bloqueos nin imposicións externas. Desde Galiza, que mantén unha profunda irmandade histórica con Venezuela, reafirmamos o noso deber de solidariedade. A emigración galega contribuíu á construción da Venezuela contemporánea, e hoxe a migración venezolana forma parte viva da nosa sociedade. Por iso defendemos os dereitos e a dignidade de todas as persoas venezolanas, aquí e alí, en nome desta ligazón humana e histórica que nos une a ambos os pobos.