Sobre nós

A Asociación de Amizade Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO), é un colectivo de solidariedade con pobo venezolano e a Revolución Bolivariana.

A AGABO nace en 2013 co obxectivo de ser a referencia en Galiza do activismo en defensa do proceso revolucionario iniciado en 1999 baixo a lideranza de Hugo Chávez, a quen homenaxeamos no propio nome da Asociación.

Segundo os seus estatutos, ten como fins:

  • Defender a soberanía e independencia da República Bolivariana de Venezela expresada na constitución de 1999.
  • Promover información fidedigna sobre as conquistas sociais da República Bolivariana de Venezuela. 
  • Contribuír ao mútuo coñecemento dos povos Venezolano e Galego. Denunciar, sempre que se manifeste, a inxerencia dos Estados Unidos de América e da Unión Europea sobre a República Bolivariana de Venezuela. 
  • Promover a solidariedade entre o pobo galego e o pobo da República Bolivariana de Venezuela. 

Nestes tempos en que Venezuela continúa sometida ao cerco mediático e ao bloqueo económico, o noso labor é mais necesario que nunca para facer visíbel a verdade dese digno pobo e apoiar desde a Galiza os seus esforzos por construir unha sociedade emancipada, nun país soberano que camiñe cara ao socialismo.