OUTRA CARA DE MADURO

Maduro ese día tiña unha recepción con nós, novecentos acompañantes internacionais, que levabamos varios días agardando a súa aparición.

Despois de case cinco horas de espera puidemos disfrutar dun extenso discurso que compensou todos os retrasos e cambios de axenda.

Maduro fixo un repaso da resistencia das terras venezolanas, desde o cacique Guaipuro até a actualidade, acompañado dunha lúcida analise. Máis de dúas horas de discurso, que se fixeron curtas.

Maduro gana na proximidade. É intelixente e  culto. Un gran comunicador ao que habitualmente lle sacan frases de contexto. Acerta –  igual que lle pasou a Chávez – en manter a personalidade e non estandarizarse; iso alonxao do cánon europeo, pero achégao ao seu pobo. Nestes anos, desde a morte de Chávez, os que os coñecen din que o viron medrar intelectualmente. Con naturalidade, aparece cun café Cilia, a súa esposa e compañeira, tomando asento cerca do escenario que Maduro compartía con Delsy Rodríguez e o Canciller Yvan Gil. Ten para ela unhas verbas de recoñecemento; é que Cilia non é un floreiro: foi a avogada dos detidos despois da insurrección de 1992 e tamén foi ministra con Chávez.

Despois de velo en directo, enténdese que traten de caricaturizalo.

Para dar unha idea da xente que move o chavismo, a milicia nacional bolivariana – que nos acompañou a todas partes neses eventos – está composta por mais de cinco millóns de persoas, nun pais de 29 millóns de habitantes. En paralelo tamén se organizan en xefes de rúa, e nas distintas estruturas comunais. Puidemos comprobar a profunda formación política, técnica e humana desta xente, que reinventou un sistema de formación, seguindo vanguardistas teorías pedagoxicas, diferentes das que se utilizan nas escolas ou institutos tradicionais, asi como a Universidade Simon Bolivar. Unha das constantes ameazas da oposición é anular todas estas titulacións, que cubren sobre todo a xente dos barrios, para volver a poñer “a cada quen no seu sitio”. É dificil vencer a tanto pobo organizado e preparado.