O chavismo recupera a maioria das gobernacións que estaban en mans opositoras

Eleccións a Gobernadores e Asemblea Nacional en Venezuela

Este domingo celebráronse eleccións en Venezuela para renovar a Asemblea Nacional e os cargos de Gobernadores dos distintos Estados.

A xornada transcorreu en paz, tras as ameazas opositoras e a detención nos días previos de mais de 70 mercenarios con material explosivo.

O Consello Nacional Electoral (CNE) de Venezuela proclamou este domingo ao chavismo gañador en 23 dos 24 Estados do país, incluída a Guayana Esequiba territorio en disputa con Güiana desde 1899 que ate hai pouco anos non era explotado nin por Venezuela nin por Güiana, pero no que a Exxon Mobile ten a vista posta coa aprobación do goberno de Güiana e o beneplácito da opositora venezolana María Corina Machado.

O chavismo recuperou os estados Zúlia (noroeste), Barinas (oeste) e o insular Nova Esparta, gañados pola oposición nas anteriores eleccións rexionais, mentres que o antichavista Alberto Galíndez, gobernador de Cojedes (oeste), foi reelixido.

Nestas elección houbo un forte enfrontamento entre as forzas opositoras. A Plataforma Unitaria Democrática (PUD), a principal coalición antichavista, liderada por María Corina Machado pedía a abstención e boicot activo, cualificando de alacráns aos opositores que concorreron as eleccións e chegando a difundirse nas redes próximas á líder opositora que cada a cada persoa que saíse a votar lle deberían caer “diez de nosotros a palos”.

Mentres Unión y Cambio, o partido de Capriles, líder das revoltas de 2014, se presentaba aos comicios obtendo un 5%.

Segundo o CNE, a participación foi do 42,63 % do total de electores, uns 21,4 millóns de cidadáns.

Recordamos que en Venezuela o CNE, é un Poder do Estado igual que o Poder Lexislativo e Xudicial, en estados como o español as eleccións e a proclamación dos resultados son realizados directamente polo Goberno, en concreto polo Ministerio de Interior.