GALIZA TERRA ANTIFASCISTA

CAPITULO DE GALIZA DA INTERNACIONAL ANTIFASCISTA.

ADHESIONS DE ORGANIZACIONS E ENTIDADES –

ADHESIONS PARA PERSOAS

Atendendo ao chamado do Congreso Mundial contra o Fascismo, Neofascismo e Expresións Similares, reunido en Venezuela o pasado setembro, e subscribindo a Declaración alí aprobada, decidimos impulsar unitariamente a constitución do Capítulo Galego.

Facémolo como contribución á loita contra ese flaxelo historicamente asociado ao capitalismo, que hoxe, no universo neoliberal, e ao servizo dos grandes poderes constituídos, adquire formas extremas de odio, racismo, desprezo ao diferente e culto á violencia como armas de perversión política e deformación democrática, que multiplicadas e reformuladas polo uso manipulador das redes e os medios actuais, atentan contra o dereito á igualdade, á paz, á xustiza social, á felicidade, e ao dereito a vivir ben dos pobos do mundo.

Facémolo, ademais, apoiándonos nun lema que nos une e expresa, GALIZA TERRA ANTIFASCISTA, como un sentimento de profundas raíces, que vén da experiencia histórica do noso pobo, enfrontado mil veces á inxustiza, mil veces vítima da inxuria e o rudo encono, e mil veces renacido para continuar na procura dunha patria  común e soberana para todas e todos para sempre. 

Entendemos este Capítulo Galego da Internacional Antifascista como un espazo político de encontro, non competitivo senón complementario, solidario, xeneroso, fraternal, aberto a todos os movementos sociais, organizacións e partidos políticos, sindicatos, asociacións veciñais, institucións culturais, deportivas, xuvenís, científicas, gremiais, artistas e escritores, traballadores e traballadoras, xente do común, sen outra condición que a vontade de participar nun esforzo colectivo contra o fascismo, ou os fascismos de distinta forma e expresión, que atenten contra a nosa capacidade de convivencia.

Así damos este primeiro paso, esencial, de constituírnos e nomearnos, sabendo que será só con base ao compromiso e o esforzo persistente, que atoparemos a mellor forma de organizarnos, elaborada e sedimentada a través da praxe.  

O mundo actual enfróntase ao renacemento de ideoloxías fascistas que, tras décadas de aparente hibernación, e xorden baixo novas formas, alimentadas pola precariedade económica, o auxe do autoritarismo e o control tecnolóxico global. Hoxe, o fascismo xa non se presenta só coa faciana militar ou chovinista dos séculos pasados, senón como un fenómeno que se infiltra a través das redes sociais, a manipulación mediática, o control dos fluxos de información e a explotación das ferramentas dixitais por parte de elites económicas e tecnolóxicas. Neste contexto, o neofascismo dixital articúlase co obxectivo de manter e expandir o poder dunha aristocracia financeira e tecnolóxica global, perpetuando as desigualdades, a violencia e a opresión.

O medo que hoxe percorre o mundo non é un medo natural, senón un pánico construído meticulosamente. Os medios de comunicación, controlados polos segmentos dominantes, poderes fácticos e resto das elites hexemónicas, traballan incansablemente para crear unha narrativa onde o inmigrante, o pobre, o diferente, convértense en ameazas. Moldearon a percepción pública para que o inimigo non sexa o banqueiro, o executivo dun fondo voitre ou dunha multinacional que evade impostos, senón o refuxiado que foxe da guerra e a miseria. Nesta narrativa, o medo convértese en odio, e o odio en votos para aqueles que prometen restaurar unha fantasía de pureza e orde.

A Declaración de Caracas salienta a necesidade urxente dunha nova Internacional Antifascista, capaz de articular a resistencia a estas novas formas de autoritarismo e dominación, conectando as loitas locais con unha rede global de solidariedade. O Capítulo Galego da Internacional Antifascista fundaméntase neste chamamento internacional, situando o foco nas especificidades de Galiza: a precariedade económica, a destrución do tecido industrial, os recortes dos dereitos laborais, a ameaza ás liberdades civís e o retroceso dos dereitos sociais. Pero conectado cun proxecto global que procura rematar coas inxustizas económicas, políticas e sociais que alimentan o fascismo en todas as súas formas.

Principios

O Capítulo Galiza da Internacional Antifascista comprométese cos dereitos fundametais das persoas e dos pobos, entendendo por dereitos fundamentais todos aqueles imprescidibles para que os seres humanos alcancen a súa plenitude e desenvolmento independentemente da súa orixe, identidade de xénero, etnia, orientación sexual, segmento social, ou relixión.

Subscribimos de forma expresa os principios da Declaración de Caracas de 11 de setembro de 2024, documento fundacional da Internacional Antifascista incluída ao final deste texto.

Cremos nun sistema político xusto que antepoña a vida e a dignidade das persoas por enriba do lucro.

Reclamamos o dereito de autodeterminacion dos pobos, o respecto a soberania sobre os seus territorios e o dereito a protexer o medio ambiente.

Rexeitamos calquera forma de violencia fascista, sexa esta física, política, mediática ou dixital.

Consideramos o fascismo como unha manifestación autoritaria e violenta do poder que serve  como ferramenta de dominación das elites financeiras e políticas.

O fascismo moderno utiliza a violencia patriarcal como unha ferramenta central de control social. O aumento das violencias contra as mulleres, persoas LGTBIQ+ e outras minorías reflicte unha necesidade do fascismo por reafirmar as súas estruturas de dominación.

O fascismo está tamén vinculado á destrución do planeta, ao permitir a alianza entre corporacións multinacionais e gobernos autoritarios que devastan o medio ambiente. Avogamos por un ecoloxismo que defenda a vida do planeta fronte ao extractivismo e á depredación dos recursos naturais.

GALIZA

Na nosa terra sufrimos a violencia fascista, retratada nas estampas de Castelao.  Costou a morte de persoas, e pode custar a morte da nosa milenaria lingua que nunca se deu reposto dos ataques sufridos nos anos do franquismo e o posterior centralismo.

Galiza enfróntase a unha situación de desindustrialización e desertización económica, resultado directo das políticas neoliberais.

O fascismo dixital maniféstase hoxe a través das campañas de odio e desinformación, especialmente nas redes sociais, onde se sementa o medo e a desconfianza. Estas campañas buscan dividir a sociedade, promover o racismo e a xenofobia, e debilitar a solidariedade.

A defensa do dereito de Autodeterminacion da Galiza está en consonancia coa loita contra un fascismo que nega o dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro. Defendemos unha Galiza soberana con dereitos plenos para nosa lingua e cultura.

A loita do Capítulo Galego identificase coas loitas dos pobos oprimidos de todo o mundo.

FRONTES DE ACTUACION

  • Mobilización Social Organizar e coordinar mobilizacións vencelladas ás loitas sectoriais e locais e internacional entre colectivos sociais e cidadáns de forma que permita xerar unha rede de apoio mutuo e de resistencia fronte ao fascismo nos distintos ámbitos.
  • Formación e Concienciación: A educación é unha ferramenta fundamental para desarmar os discursos fascistas.
  • Redes sociais: Coordinar unha rede de activismo dixital que combata as campañas de desinformación e odio nas redes sociais.
  • Rede de Apoio Mutuo: apoio para aqueles colectivos e individuos que sufran represión ou violencia fascista.

ANEXO

CONCLUSIÓNS DO I CONGRESO INTERNACIONAL ANTIFASCISTA (IA)

Declaración de Caracas de 11 de Setembro de 2024

FASCISMO NO SÉCULO XX

O fascismo no século XX xurdiu como resposta a unha serie de crises económicas, sociais e políticas que sacudiron a Europa tras a Primeira Guerra Mundial. Neste contexto de desesperación e desilusión coas democracias liberais, movementos autoritarios como o fascismo italiano e o nazismo alemán atoparon terreo fértil para emerxer. Ambos os movementos compartiron un odio visceral cara ao comunismo e o socialismo, e utilizaron o medo ao “inimigo interno” para consolidar o seu poder.

Os movementos fascistas do século XX compartiron características comúns: nacionalismo exacerbado, autoritarismo, anticomunismo, antiliberalismo, militarismo, violencia, propaganda e control de medios, supremacismo racial e anti-intelectualismo. Estes elementos permitiron a consolidación dun poder absoluto, utilizando a censura, a propaganda e a represión como ferramentas clave.

NEOFASCISMO DIXITAL DO SÉCULO XXI

Estamos a ser testemuñas dunha transformación profunda na estrutura do capitalismo global, unha fase que se pode denominar como capitalismo dixital.

Unha nova fase capitalista neofascista marcada pola crecente concentración de poder en mans dunha nova aristocracia financeira e tecnolóxica que controla vastos recursos económicos e domina as tecnoloxías da información e comunicación.

En 2022, os 10 homes mais ricos do mundo posúen máis riqueza que os 3100 millóns de persoas mais pobres. O 10% máis rico da poboación mundial recibe o 52% do ingreso global, mentres que a metade máis pobre só o 8,5%. A metade máis pobre da poboación mundial posúe o 2% do total da riqueza mentres o 10% máis rico posúe o 76%.

Segundo Forbes en 2024 hai 141 multimillonarios máis que en 2023 e 26 máis que o récord establecido en 2021. Ademais, os multimillonarios son máis ricos que nunca, cun valor agregado de 14,2 billóns de dólares

ASCENSO DO NEOFASCISMO DIXITAL

Este contexto de desenvolvemento dunha nova fase capitalista, deu lugar á emerxencia de Ideoloxías extremistas ligadas aos intereses desta nova aristocracia financeira e tecnolóxica, representada por figuras como ElonMusk, MarkZuckerberg e JeffBezos que operan xunto a tanques de pensamento, organismos multilaterais, Ong, corporacións militares (Academi, ErickPrince), paramilitares e cárteles de narcotráfico, ligadas a redes de partidos políticos de dereita e ultradereita.

ARISTOCRACIA FINANCEIRA E TECNOLÓXICA

Segundo a clasificación de Forbes:

  • BernardArnault: dono de LVMH, con 75 marcas da industria da moda e cosmética (Louis Vuitton, Sephora, outros). Patrimonio de 233.000 millóns de dólares.
  • ElonMusk: cofundou seis empresas, incluída a automotriz Tesla e a aeroespacial SpaceX, e comprou a rede social Twitter (rebautizada como X) en outubro de 2022. Patrimonio de 195.000 millóns de dólares.
  • JeffBezos: fundador do xigante do e-commerce Amazon, dono deThe Washington Post e de BlueOrigin, empresa aeroespacial que desenvolve foguetes. Patrimonio de 194.000 millóns de dólares.
  • MarkZuckerberg, dono de Meta (onde fusionou as plataformas de Facebook, Instagram e WhatsApp, entre outras). Patrimonio de 177.000 millóns de dólares.
  • LarryEllison, presidente, director de tecnoloxía e cofundador do xigante do software Oracle.  Patrimonio de 141.000 millóns de dólares

NOVA FASE E NEOFASCISMO

Este neofascismo diferénciase das súas etapas anteriores pola centralidade que adquire o control das tecnoloxías avanzadas, as cales están a remodelar as relacións sociais, políticas e económicas.

Tecnoloxías como o internet das cousas, a intelixencia artificial, as redes 5G e 6G, o metaverso, a nanotecnoloxía e a robótica converteron as plataformas dixitais en “novas fábricas” , onde o capital explota o  tempo de lecer e descanso, converténdoo en tempo de produción.

Esta revolución tecnolóxica ha colonizado todos os aspectos da nosa vida, transformando radicalmente a forma en que traballamos, relacionámonos e participamos politicamente.

AS IDEOLOXÍAS EXTREMISTAS

Ascenso de figuras neofascistas en todo o mundo, articuladas no autodenominado Movemento Mundial da Alt-Right e na autodefinida ideoloxía neorreaccionaria (NRX). Acá tributan personaxes tales como a Benjamin Netanyahu (Israel), Donald Trump (EE.UU.), Giorgia Meloni (Italia), Santiago Abascal (España), Javier Milei (Arxentina), María Corina Machado (Venezuela), NayibBukele (O Salvador), JairBolsonaro (Brasil), VolodimirZelensky (Ucraína), Marine Lle Pen (Francia).

Estes líderes utilizan discursos populistas para lexitimar réximes que promoven a represión dos movementos sociais, a xenofobia, o racismo, a violencia política e a violación dos dereitos humanos, apelando ao medo, ao terror e á inseguridade como xustificación de plans golpistas antidemocráticos e políticas represivas, mentres aumentan a brecha da desigualdade económica e garanten o saqueo de recursos.

INTOLERANCIA E DISCURSOS DE ODIO

O neofascismo, como nova fase do fascismo, perpetúa e profunda as múltiples violencias contra mulleres e diversidades, exacerbando as desigualdades estruturais xeradas polo capitalismo, o racismo e o patriarcado. Este sistema de opresión reflíctese na desaparición forzada de líderesas políticas e militantes feministas, así como nos altos índices de feminicidios, estratexias que buscan disciplinar e silenciar a quen loita pola xustiza social. A feminización da dereita e o uso de figuras femininas polos fascismos e neofascismos son tácticas deseñadas para manipular e lexitimar políticas reaccionarias.

Fronte a este contexto, é crucial articular globalmente un programa popular,revolucionario, antipatriarcal, anticapitalista, antirracista, anticolonialista, antisionista e antifascista. Só así é posible rexeitar as políticas que promoven a exclusión, o racismo e a xenofobia como ferramentas de dominación.

REDES SOCIAIS E GUERRA COGNITIVA:

Vivimos un tempo onde as tecnoloxías dixitais xogan un rol central.As redes sociais e as plataformas mediáticas son o ámbito central da manipulación de percepcións e a alienación social.

A chamada “cuarta revolución industrial” promove a apropiación e utilización dos desenvolvementos científicos e tecnolóxicos para a fragmentación de sociedades e a guerra cognitiva, a través de algoritmos que buscan perpetuar a dominación dunha elite mundial con epicentro en “Occidente”.

A vida en liña, marcada pola disociación emocional, facilita a desvinculación dos efectos das propias accións, servindo a miúdo de ponte cara á violencia na realidade.

Os thinktanks e centros de investigación, organizados en redes globais, utilizan os dispositivos dixitais para levar a cabo campañas de influencia, con mensaxes segmentados que afectan a subxectividade individual e colectiva.

Necesidade de visibilizar e abordar o agravamento de problemas de saúde mental. Incidencia de trastornos de ansiedade e depresivos, adiccións, apatía e suicidio nova.

Importancia da construción e articulación de ferramentas para que as e os mozos poidan confrontar a manipulación das plataformas dixitais, propiciando a reflexión crítica e a loita colectiva.

MOCIDADE E GUERRA COGNITIVA

O neofascismo dixital busca despolitizar ás novas xeracións a través do uso de pantallas promovendo o individualismo e a hiperfragmentación social, o consumismo irracional, a meritocracia e negando a historicidade.

Utilízanse as novas tecnoloxías para a propaganda e a desinformación masiva, e para a construción dun inimigo interno que se volve un “nós contra eles”, explotando o medo e a deshumanización do semellante

Tenta desvinculalos das súas identidades culturais e patrióticas, dos valores comunitarios e o coidado da vida. O obxectivo é fragmentar o tecido social e afastar as mocidades das loitas colectivas, debilitando a súa capacidade de resposta ante as inxustizas do sistema.

NEOCOLONIALISMO 2.0

O modelo de morte que profunda o capitalismo nesta nova fase, reflíctese con crueza no xenocidio sionista e fascista contra Gaza. Isto a escalado o conflito no medio Oriente, cun “eixo da resistencia” que de maneira protagónica loita en solidariedade co Pobo de Palestina.

Día tras día, o pobo palestino resiste, sostido por lazos de solidariedade internacional fronte ao réxime fascista que busca esmagar a súa dignidade e borrar a súa existencia, encarnado na figura do primeiro ministro sionista BenjaminNetanyahu. É crucial entender e visibilizar as conexións entre o sionismo e o fascismo, identificando as súas novas expresións, como parte do recoñecemento do inimigo común dos pobos do mundo.

A intervención imperialista da OTAN en Ucraína, co apoio das potencias occidentais, converteu ao país nun campo de batalla xeopolítico. Neste escenario, VolodímirZelenski emerxeu como un peón do imperialismo.

En África o neocolonialismo europeo está a vivir un tempo de duras derrotas. Os Pobos do mundo ven con entusiasmo o xurdimento da Confederación de Estados do Sahel, entre Malí, Níxer e Burkina Faso.

En América Latina e o Caribe, os ataques dirixidos contra a República Bolivariana de Venezuela, xunto cos recentes intentos golpistas nas irmás repúblicas de Honduras, Colombia e Bolivia, evidencian unha ofensiva neofascista e neocolonial na rexión.

A guerra económica inflixe violencia en varios países, especialmente en Cuba e Venezuela. En Arxentina, o abrupto ascenso de Javier Milei á presidencia é un fenómeno neorreaccionario dentro da nova estrutura económica e política mundial.

Os exércitos irregulares, vinculados ao narcotráfico, son un verdadeiro drama nalgunhas rexións de México, de Colombia, de Ecuador, e no denominado “triángulo norte” de Centroamérica -Guatemala, Honduras e O Salvador-. Con todo, toda a rexión sofre o aumento da violencia do narcotráfico.

A INTERNACIONAL ANTIFASCISTA

Necesidade de crear unha Internacional Antifascista para coordinar os esforzos dos movementos sociais e políticos en defensa da democracia popular e protagónica, a xustiza social e os dereitos humanos a nivel global.

Esta fronte de loita colectiva non só debe enfrontarse ao neofascismo nos ámbitos político, rueiro e ideolóxico, senón que tamén debe utilizar o espazo dixital e as ferramentas tecnolóxicas para contrarrestar a manipulación informativa e a guerra multidimensional e cognitiva en curso.

A Internacional Antifascista como espazo de articulación das loitas anticapitalistas, antiimperialistas, anticolonialistas, antipatriarcales e antirracistas.

Consolidar unha ofensiva coordinada que promova os valores de xustiza social, paz, soberanía e autodeterminación dos pobos.

SOLIDARIEDADE GLOBAL E LOITAS TERRITORIAIS

A proposta de construír unha Internacional Antifascista inclúe a creación de axendas sectoriais, capítulos rexionais e nacionais, así como múltiples redes de solidariedade global para enfrontar o rexurdimento do fascismo.

Iso implica unha articulación internacional de estratexias de loita, incluíndo a todas as organizacións políticas, sociais, culturais, feministas, sindicais, ao longo e ancho do planeta.

É central o entendemento deste capitalismo dixital e as súas novas formas de explotación do traballo e o coñecemento humano. O tempo de lecer común é agora un novo campo de extracción de plusvalía.

Capítulos por rexión e país: construír axendas concretas nos cinco continentes para enfrontar a ameaza do fascismo.

Subscriben en Compostela: AGABO, BNG, CIG, CUT, MAR DE LUMES, MOVEMENTO ARREDISTA, PCG, PCRG, PODEMOS GALIZA, UPG.

Actualizado a 2/21/24

Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez
COLETIVO DA RAIA
Confederación Intersindical Galega (CIG)
CUT
ENGA
Erguer.Estudantes da Galiza
ESQUERDA UNIDA
Esquerda Unida do Porriño
Fundación Galiza Sempre
Fundación Moncho Reboiras
Galiza Nova
GALIZA🌀 GLOBAL-ENG
Libraria Pedreira
Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
MER(LIM) – Movemento Ecoloxista da Raia (Linha Imaxinaria)
Movemento Arredista
Partido Comunista pola República Galega
Unión da Mocidade Galega (UMG)
UNIÓN DO POVO GALEGO-UPG
Vía Galega

Formulário para adhesion de colectivos

Adrían R. Bravo
Alberto Fernández Campo
Alejandro Amaro Caamaño
Ana María Mosquera Fernández
Andrea Estévez Barreiro
Ángel Culebras Pérez
Antón Neto López
Antonio Orozco González
Antonio Orozco González
Anxo Benigno López Rodríguez
Anxo H. Barreiro Solla
Anxo Iglesias Covelo
Anxo Padín
Anxos Galocha Seivane
Artai Gavilanes Villar
Arturo Luis Figueiras Arias
Asunción Veloso Peaguda
Beatriz Caamaño Rascado
Bruno Vilela López
Camilo Vázquez García
Carlos Franco Sanmartín
Carme Carral Corbacho
Cecilia Martínez
Celso X. López Pazos
Cristina Vázquez Santos
Daniel Seixo Paz
David Esperón Fontán
Duarte Correa Piñeiro
Eduardo Ruanova Davila
Erea del Rio
Eva Elorrieta
Eva Pallas Figueira
Félix Rodríguez Rodríguez
FRANCISCO CALO VIDAL
Francisco Fernandez Rubinos
G. Ángela Estévez Fernández
Germán García Díaz
Guillermo Presa Suárez
Gustavo Luca de Tena
Helena Carro Cruz
Iago Lorenzo Santamaría
Iago Suárez Fernández
Inácio Pavón Barbagelata
Inés Varela Blanco
Javier Domínguez Campo
José Antonio Bravo Iglesias
José M. Afonso Nozeda
Laureano Muiños Lago
Lola Outeiral Souto
Luis Borines
Luz Galocha
Magdalena Barahona Martin
Manolo Camaño Fandiño
Manuel Alonso Varela
Manuel Caride Correa
Manuel González Garrido
Manuel Rodriguez Fernandez
Manuela Rodríguez Pumar
María Amparo López Hernández
Maria do Pilar Rodríguez Pérez
María do Pilar Xiráldez Outeda
Maribel Tato Sánchez
Marta Gómez Martín
Meli Vázquez
Moncha Fuentes
Mónica Rodríguez Vázquez
Montse Nóvoa Gómez
Montserrat Prado Cores
Nuria Andión Rodríguez
Oriana Méndez
Óscar Lomba Álvarez
Patricia Maquieira Gómez
Patricia Mariño
Paulo Rios Santome
Paulo Tobio Espinho
Pedro Alfonso Ocampo Cardalda
Pilar Saavedra Codesido
Rafael Iglesias Blanco
Ramón Ángel Lareu Riveiro
Ramón Coira Luaces
Ramón Fernández Leal
Ramón fernandez martinez
Robert Neal Baxter Ford
Rosa Quinteiro Rendo
Rubén Cela Díaz
Santi Bernardez Martinez
Sefi Romero
Segundo Gonzalez Gonzalez
Teresa Moure
Victoria Martínez Barreiro
VITOR MANUEL MARIÑO FERNANDEZ
Xabier Pérez Igrexas
Xaquín Agulla Gómez
Xavier moreda
Xela Fernández Veloso
Xesús Seixo Fernández
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez
Xosè Antón Pedreira Miràs
Xosé Antonio González Azpeitia
Xosé Carlos Abal López-Valeiras
Xosé Currás
Xosé Daniel Martínez Gonzalez
Xose Fernández Piñeiro
Xosé Luís Alonso González
Xosé Luís Axeitos Agrelo
Xosé Luís Méndez Ferrin
Xosé Manuel Golpe Acuña
Xosé Manuel López Trelles
Xosé Manuel Méndez Díaz
Xosé Ramón Ermida Meilán
Xurxo Martiz Crespo

formulario adhesion persoal