Enquisas con sede en Miami. Nova estratexia contra Maduro

A menos dun mes para que se celebren as eleccións presidenciais en Venezuela a prensa española do deep state, ao servizo da oligarquía, fálanos dunhas supostas enquisas que dan como favorito ao candidato opositor Edmundo González Urrutia.

Varios enqueritos que se citan sinaláronse como falsos ou pouco solventes por AFP FACTUAL (FRANCE PRESS). Outros foron realizados por unha asesorías políticas desde Miami e por telefono, como os que proveñen da Consultora ORC.

Esta consultora dedicase ao asesoramento político. O seu director é Oswaldo Ramírez, tamén consultor Consultor Senior Asociado en  Vengoechea & Partners, consultaría que presume de ter a Leopoldo López e outros políticos latinoamericanos (todos eles con boa relación cos EEUU) entre os seus clientes.

Segundo a web orcconsultores.com Ramírez é tamén fundador de Frequency58, outra das fontes de enquisas que manexan os medios de comunicación e ademais é presidente da rama latinoamericana da para Venezuela  da Asociación Internacional de consultores políticos  IAPC. Esta Asociación, que ten a entrada de wikipedia borrada por falta de credibilidade, entregou unha medalla ao mérito democrático a Zelensky en 2022 e ao opositor ruso Alexei Navalny en 2021.

Todo despide un aroma á xa coñecida estratexia de acusacións de fraude electoral se finalmente Maduro resulta reelixido. É ben sabido que a dereita española, tanto política como mediática, só recoñece os resultados electorais cando lles son favorables.

O establishment español tenlle ganas ao chavismo, levan 25 anos esperando sen éxito a súa caída. Desde o vergoñoso apoio do goberno de Jose Mª Aznar ao golpe de estado de 2002, pasando polo branqueamento da operación Güaidó de 2018 polo presidente Pedro Sánchez ou outros políticos supostamente de esquerdas como a por entón alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena. Non é nada novo por tanto esta nova ofensiva “de réxime” para deslexitimar unha nova vitoria de Nicolás Maduro e do chavismo político.

As forzas verdadeiramente de esquerdas do Estado español deberán permanecer alerta ante esta operación do deep state para seguir demonizando a Maduro e a todo o que representa o chavismo na nosa nación irmá de Venezuela. Desde AGABO denunciaremos este e calquera outro intento de manipulación informativa que, de maneira tendenciosa, trate de manipular á opinión pública en contra do goberno lexítimo de Venezuela.