
E
O Capítulo Galego da Internacional Antifascista condena enerxicamente as declaracións ilexítimas de Pamela Bondi, fiscal xeral dos Estados Unidos, quen actuando en nome do imperialismo estadounidense ofreceu 50 millóns de dólares como recompensa por información que axude á captura do Presidente constitucional e lexítimo da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro. As acusacións efectuadas por Bondi non se fundamentan en probas, foron efectuadas sen ningún tipo de garantía da Xustiza Internacional e vulneran a soberanía dos pobos.
O imperialismo norteamericano trata outra vez de desestabilizar a países de América Latina e o Caribe que non queren ser os seus servos.
Esta falsa acusación ten como finalidade someter aos pobos libres co único fin de espoliar os seus recursos e sometelos ao seus criterios políticos de dominación.
Estados Unidos actúa de modo criminal para manter o seu poder mundial, dese xeito a o longo dos anos provocaron guerras e golpes de Estado en América Latina, Asia e África, impulsaron a ditadores afíns aos seus intereses económicos; practicaron a tortura en Guantánamo e apoiaron ás dos gobernos vasallos como O Salvador. No xenocidio máis recente que se está a practicar sobre o Pobo de Palestina os Estados Unidos actúan co líder do xenocidio Benjamín Netanyahu.
O imperialismo estadounidense opera de forma criminal apoiado nos seus países mascota e en diversos organismos internacionais que tamén controla.
A declaración de Bondi é só un episodio máis dun guión fascista e intervencionista que pretende desviar a atención dos problemas internos dos Estados Unidos e dun sistema económico e político caduco e que comeza a mostrar síntomas de esgotamento.
A Internacional Antifascista, no seu Capitulo Galego expresa súa solidariedade absoluta, firme e inquebrantable co pobo Venezolano e o seu Presidente electo e lexítimo Nicolás Maduro Moros, símbolos da resistencia fronte á agresión colonialista e imperialista.
O apoio desta Internacional é unha mostra máis de que todo país ou pobo libre debe camiñar xunto nun compromiso unánime de impedir que o fascismo dos EEUU continúen na súa intención de marcar o orde mundial.
Hai esperanza e para iso temos que camiñar xuntos.
¡VIVA A SOLIDARIEDADE ENTRE OS POBOS!
¡VIVA A REVOLUCIÓN BOLIVARIANA!
¡ATA A VICTORIA SEMPRE!
Galicia, a 15 de agosto de 2025.