En solidariedade co pobo de Venezuela nesta traxedia natural

A terra tremeu en Venezuela. Un golpe que sentimos porque alí, en cada recuncho desa terra bolivariana, vive un anaco de Galicia. Vivimos nós, os galegos e galegas que alí atopamos un fogar, e viven tamén os venezolanos que son nosos irmáns de sangue e de loita.

Desde a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, queremos abrazar con toda a nosa forza a cada familia en loito, a cada ferido, a cada rescatista que, coas súas mans esgazadas, busca un latexo entre o formigón. Non estamos alí fisicamente, pero o noso corazón está traballando nas ruinas, está sufrindo con vós.

Sabemos que o pobo venezolano sabe levantarse das cinzas con xenerosidade e con amor.

E nesta hora de dor, alzamos a voz en solidariedade cos fillos de Chávez e Bolívar, coa súa xente e co seu Goberno lexítimo. A terra tremeu, si, pero estamos convencidos de que Venezuela se fará máis forte, máis unida e máis digna despois de cada escombro.

Non é casualidade que a terra protestase, irmáns. A terra protesta polo aldraxe gringo do tres de xaneiro. A natureza e a historia falan a mesma lingua, e nós, galegos e bolivarianos, sabemos escoitar esa lingua.

Ofrecemos o noso apoio moral, a nosa man tendida e o noso firme compromiso de axuda na medida das nosas posibilidades.

Non están sós. Venezuela abriu os seus brazos aos nosos avós e pais, deulles traballo, amizade e esperanza. Hoxe é o noso turno de devolver ese abrazo, aínda que sexa a distancia, porque a distancia non rompe o que nos une: a historia, o suor, o soño compartido.

Forza, irmáns. A reconstrución será longa, pero camiñaremos xuntos. E o sol da mañá volverá brilar sobre unha Venezuela máis firme e soberana.