NON ERAN AS ELECCIÓNS NIN O NARCOTRÁFICO. É O PETRÓLEO!!!!!
DESDE A ASOCIACION GALEGO BOLIVARIANA HUGO CHÁVEZ:
- Solidarizámonos firmemente co Pobo e o Goberno lexítimo de Venezuela.
- Condenamos o bloqueo criminal imposto polos Estados Unidos de América, que ten suposto a execución de máis de un centenar de persoas no Caribe e en menor medida no Pacifico, sen xuízos e sen sentenzas. Esta medida ilexítima, que vulnera entre outras normas internacionais a Convención das Nazóns Unidas sobre o Dereito do Mar e non busca mais que saquear os recursos estratéxicos de Venezuela, especialmente o seu petróleo, baixo falsos pretextos que agora quedan á vista de todos.
- As manifestacións do presidente estadounidense Donald Trump nas que fala de “recuperara” o petróleo venezolano, confirman o que levamos a nos denunciando, aos EEUU non lles preocupa nin a democracia nin o narcotráfico, so se buscaba crear un relato disfrazando as súas intencións colonialistas. Nunca tiñan sido tan transparentes coas súas intencións.
- Esiximos o respecto a Soberanía do Pobo Venezolano o cese inmediato das accións contra Venezuela o seu Pobo e o Goberno Lexítimo.
Non a inxerencia imperialista!
Pola paz e Soberanía de Venezuela!
#HandsOffVenezuela
#GalizaconVenezuela
#NoAlBloqueo
