Conmemoramos en Vigo o Día Nacional de Venezuela

Conxuntamente co consulado, o 5 de xullo de 2023 celebramos en Vigo o 212º aniversario da sinatura da Acta de Independencia de Venezuela, nun emotivo acto que contou coa intervención do Cónsul Martín Pacheco e a actuación do cantautor e poeta Iván Pérez Rossi.

Presentación do libro de Arantxa Tirado sobre os golpes de estado en nome da lei

Este venres ás 19:30h na Casa do Libro en Vigo coorganizamos (xunto á Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil) a presentación do libro de Arantxa Tirado “El lawfare. Golpes de estado en nombre de la ley”, que falará en particular da influencia en América Latina desta estratexia golpista.

A continuación haberá un breve coloquio cos asistentes e a autora asinará exemplares do libro.

Honran en Vigo o 5 de xullo ante o busto de Simón Bolívar

O cónsul de Venezuela, Martín Pacheco, lembrou este 5 de xullo que a loita polos principios que animaron á Independencia, para defender contra calquera Imperio, a soberanía, a liberdade e a democracia da República Bolivariana, segue viva.

Cunha ofrenda floral ante o busto do Libertador Simón Bolívar e axitando o tricolor venezolano, a transcendental data da Independencia da República Bolivariana de Venezuela celebrouse con alegría na cidade de Vigo.

Ao calor dunha forza patriótica unitaria, representada por venezolanos, partidos políticos, representantes de organizacións sociais, sindicatos, grupos parlamentarios e solidarios, entre outros, tivo lugar o acto de ofrenda ao Pai da Nación, “no convencemento de que seguiremos gañando a guerra contra o Imperio”, dixo o cónsul de Venezuela en Vigo.

“211 anos despois da sinatura da Declaración de Independencia da patria de Bolívar, resistimos as pretensións imperiais que ameazan a nosa democracia e honramos ao Libertador, recordando ao mundo que somos herdeiros dos patriotas que venceron o 5 de xullo de 1811” , dixo o alto diplomático, que lembrou o peso histórico desta data, na que se consolidou un Estado soberano, que deixou constancia na Declaración de Independencia de que non haberá poder imperial, nin vontade estranxeira, que derrube a Patria. de Bolívar.

Charla con Farruco Sesto en Vigo

O pasado 28 de abril comezamos unha nova etapa na Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez, cunha charla de Farruco Sesto (exministro do goberno de Chávez) no noso local en Vigo. No encontro explicou a evolución de Venezuela nos últimos 50 anos, a forma en que a Revolución Bolivariana devolveu a dignidade aos mais desfavorecidos e como o bloqueo ralentiza ese proceso.

Nas próximas semanas seguiremos a anunciar novas actividades.

Concentración en Vigo: non á inxerencia imperialista en Venezuela e América Latina

Representantes de partidos políticos e diversos grupos galegos de solidariedade co proceso revolucionario venezolano e cos procesos sociais que se desenvolven en América Latina fixeron presenza na sede do Consulado Xeral da República Boliviana de Venezuela en Vigo o martes as 19h, coa finalidade de facer entrega dun manifesto en apoio ao Presidente Maduro, ao pobo venezolano e aos pobos socialistas de América Latina.

Durante a concentración, as asociacións condenaron o plan de desestabilización posto en marcha en Venezuela, resultado do golpe continuado que pretende derrocar ao goberno lexítimo do Presidente Maduro.

A concentración e o manifesto levou a cabo no contexto do chamado que realizase a oposición venezolana á toma da cidade de Caracas, o pasado 1 de setembro, que pretendía xerar feitos de violencia coa intención de impactar na opinión pública mundial coa finalidade de ser permitida unha intervención militar de forzas estranxeiras en Venezuela.

Os representantes de máis de 20 organizacións de Galicia, fixeron un chamado a todas as organizacións progresistas de paz e de solidariedade a intensificar o traballo a favor dos pobos de América Latina, especificamente co pobo venezolano que se viu afectado e o cal se atopa en defensa da súa soberanía.

Pola súa banda, a Cónsul Xeral de Segunda – Xefe Interina- Mónica Alejandra Sánchez Morles, e o Cónsul de Primeira, Ou´Brien Ernesto Guerra Córdova recibiron o manifesto e expresaron en nome do Goberno Bolivariano, a súa gratitude polas mostras de apoio nestes momentos de defensa da Patria, ao momento que se comprometeron a facer difusión das devanditas expresións de solidariedade.

A continuación, lea o manifesto completo:

NON Á INXERENCIA IMPERIALISTA EN VENEZUELA E AMÉRICA LATINA

NÓS, os abaixo asinantes, enviamos a nosa solidariedade ao Presidente Maduro e ao pobo bolivariano de Venezuela, quen está resistindo os intentos das forzas de oposición dereitista de expulsar por medios violentos a un goberno elixido democraticamente. Condenamos o plan de desestabilización posto en marcha en Venezuela contra o presidente Nicolás Maduro. É a prioridade número uno de Washington na rexión, derrubar ao presidente Maduro e borrar todo o que semelle chavismo como ideoloxía e movemento social e político. É o golpe continuado desde o triunfo da Revolución Bolivariana, motivado pola posición geoestratégica de Venezuela, polos seus inxentes recursos enerxéticos, a radicalidad e popularidade do chavismo civil e militar e  o seu papel de liderado rexional. O que busca o capital imperialista, encabezado por EEUU, é a restauración neoliberal en toda a rexión, mediante o saqueo dos recursos naturais, a sobre-explotación do pobo traballador e a anulación do investimento social. Condenamos tamén o recente golpe contra a presidenta democrática de Brasil. A dereita brasileira revogou de forma antidemocrática o voto de máis de 50 millóns de cidadáns que elixiron a Dilma Rousseff.

Rexeitamos o goberno impostor de Temer ¡Fora Temer! Tanto o golpe de estado en Brasil como o intento de derrocar o goberno democrático en Venezuela, son parte dun proceso dirixido contra os gobernos progresistas da rexión e principalmente contra os países do ALBA. Non é ningún segredo quen está detrás deste plan: as grandes corporacións, os partidos e gobernos da dereita internacional, os medios de comunicación do capital e, principalmente, o goberno dos Estados Unidos. Son os mesmos intereses que urdieron o golpe militar contra o Presidente Salvador Allende en Chile, o 11 de setiembre de 1973, e estableceron un réxime de terror co resultado de miles de mortos  e desaparecidos. Facemos un chamado a todas as organizacións progresistas, de paz e de solidariedade para que xuntos intensifiquemos o noso traballo en favor dos pobos de América Latina, e en particular co pobo venezolano que se defende bravamente da violencia golpista mentres padece un criminal cerco contra a súa economía básica. A súa loita sérvenos de exemplo a millóns e sementa conciencia de emancipación e progreso en todo o mundo. Agora, máis que nunca, é o momento da solidariedade.

VENEZUELA RESPÉCTASE GALICIA CON MADURO E DILMA

ASINAN O MANIFESTO:

ANOVA-IN; ANTICAPITALISTAS GALIZA; ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO; ASOC. DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL; ASOC. GALEGO-BOLIVARIANA HUGO CHÁVEZ; BLOQUE NACIONALISTA GALEGO; COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN; CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA; CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES; ERGUER GALIZA; ESQUERDA UNIDA; FRONTE POPULAR GALEGA; GALIZA NOVA; ISCA!; MAR DE LUMES; MOVEMENTO GALEGO AO SOCIALISMO; PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA; PARTIDO COMUNISTA DO POVO GALEGO; SINDICATO FERROVIARIO-INTERSINDICAL; XUVENTUDE COMUNISTA