ALTO A AGRESION IANQUI CONTRA VENEZUELA

Pola paz e soberania dos Pobos

ALTO A AGRESION IANQUI CONTRA VENEZUELA

Pola paz e soberania dos Pobos

As organizacións políticas, sindicais, culturais e sociais que subscribimos este manifesto, erguemos a voz contra as actuais ameazas bélicas na rexión do Caribe para expresar o máis firme compromiso coa paz, coa xustiza social e co dereito dos pobos a exercer a súa soberanía en paz, sen inxerencias imperialistas.

Manifestamos o noso enérxico rexeitamento ante a escalada de agresividade militar e política promovida polo Goberno dos Estados Unidos contra a República Bolivariana de Venezuela e  tamén contra outros países da rexión como Colombia e México, nunha escalada que vulnera de maneira flagrante o Dereito Internacional e a Carta das Nacións Unidas.

Nas últimas semanas fomos testemuñas de actos que traspasan todos os límites execucións extraxudiciais, despregamentos militares de gran envergadura en augas do Caribe, sancións económicas unilaterais crecentes. Acción que desde hai anos xa teñen causado vítimas inocentes e que buscan castigar aos pobos que en uso da súa soberanía deciden non render contas ao imperialismo dos EEUU.

Hoxe estas acción escalan un paso mais e lembran as máis sombrías prácticas de intervención e dominación que a humanidade leva décadas presenciando e denunciando.

A presenza da Frota do Sur dos Estados Unidos fronte ás costas venezolanas non é unha manobra defensiva, é un acto de guerra, tal como indica o nome do departamento encargado destas accións.

Denunciamos e condenamos as execucións extraxudiciais a tripulantes sin identificar de lanchas no Caribe, cualificadas polo Secretario de Guerra dos EEUU como “execucións cinéticas letais”, e que non son mais que crimes de lesa humanidade.

Rexeitamos a narrativa do “narcoestado”, utilizada historicamente para xustificar operacións de desestabilización contra gobernos que non se someten aos ditados de Washington, que non se corresponde coa realidade descrita por informes internacionais.

Esta retórica busca crear un clima de opinión favorábel a unha intervención militar, e dar nunha pobre aparencia xurídica que pretende ocultar intereses xeopolíticos e económicos, nomeadamente o control dos bastos recursos enerxéticos e minerais de Venezuela.

Defendemos con firmeza a soberanía do pobo venezolano e o seu dereito inalienábel a decidir o seu futuro mediante o diálogo político inclusivo, sen sancións que castiguen á poboación e sen ameazas de forza. A paz verdadeira constrúese a través do respecto mutuo e da cooperación.

Desde Galiza, que mantén unha profunda irmandade histórica con Venezuela, reafirmamos o noso deber de solidariedade. A emigración galega contribuíu á construción da Venezuela contemporánea, e hoxe a migración venezolana forma parte viva da nosa sociedade. Por iso defendemos os dereitos e a dignidade de todas as persoas venezolanas, aquí e alí, en nome desta ligazón humana e histórica que nos une a ambos os pobos.

Chamamos ás organizacións galegas sociais, veciñais, sindicais, culturais, feministas, xuvenís, de emigrantes e retornados, así como ás universidades e centros de investigación, intelectuais e ao conxunto das forzas vivas de Galiza a sumarse activamente a este compromiso. Convidámolas a asinar e difundir este manifesto, a participar en accións de mobilización cidadá, a promover campañas de información que contrarresten a narrativa belicista e a demandar dos representantes políticos galegos unha posición clara a favor da paz e do diálogo.

Desde Galiza, terra de paz e de solidariedade, afirmamos con rotundidade que non calaremos fronte á inxustiza. A historia xulgaranos pola nosa capacidade de defender a vida fronte á guerra, a soberanía fronte ao imperio e a xustiza fronte á impunidade.

Non á guerra e á agresión. Paz e dignidade para os pobos do mundo.

  • Asamblea Republicana Galega
  • Asociacion Galego Bolivariana Hugo Chávez
  • Asociacion Galego Cubana Francisco Villamil
  • Bloque Nacionalista Galego
  • Central Unitaria De Traballadoras
  • Comite Antifascista Da Louriña
  • Comité Galego Do Pce (M-L)
  • Comunismo Revolucionario Galego
  • Confederacion Intersindical Galega
  • Encontro Galego Contra A Otan
  • Fundación Moncho Reboiras
  • Mar De Lumes
  • Movemento Arredista
  • Partido Comunista Da Republica Galega
  • Partido Comunista Do Pobo Galego
  • Partido Comunista Dos Pobos De España-Comunistas Da Galiza
  • Plataforma Antifascista E Republicana
  • Podemos Galicia
  • Podemos Galicia
  • Unión Do Pobo Galego
  • Xuventude Comunista De España (Marxista-Leninista
  • Mosquera Fernandez Ana     Avogada           
  • Méndez Ferrín Xosé Luis       Escritor          
  • González Fuentes Moncha    Escritora E Profesora Xubilada   
  • Camaño Fandiño Manuel Secre. R.Internacionais da CUT
  • Fernández Vázquez Mercedes                    
  • Fernández Campo, Alberto              
  • López Rodríguez Anxo Benigno        Bombeiro           
  • Pérez Igrexas, Xabier Portavoz municipal do BNG no Concello de Vigo
  • Fernández González Fernanfo                     
  • Taboada Souto Pablo            Técnico Emerxencias Sanitarias        
  • Francisco Xabier Peña Diaz Pensionista    
  • Oscar Guimarães       Sociólogo             Comerciante
  • Domínguez Campo Javier     Pensionista             Activista
  • Rio Rubal Daniel        Artista plástico           
  • Barahona Martín, Magdalena Profesora universitaria Activista social
  • Xosé Lois López de Prado Arias       Xubilado            
  • espiñeira pan rosa     moitas cousas activista das culturas
  • Stassart Michel           carpinteiro     
  • Garcia Mel Manuel     Xubillado        
  • Martínez Cajigal, Xoán X.      Pensador       
  • Bernardez Alvarado M. Victoria                   
  • Manuel Álvarez Troncoso      Xubilado        

FORMULARIO DE ADHESIONS

PERSOAS FISICAS

ORGANIZACIONS