AGABO felicita o Presidente Nicolás Maduro pola súa reelección

A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez saúda e felicita os nosos irmáns bolivarianos e o seu presidente reelixido Nicolás Maduro Moros pola súa vitoria nas recentes eleccións. Un triunfo da paz e da democracia, da causa da humanidade e dos pobos.

Unha gran vitoria contra as ameazas e inxerencias do imperialismo Yankee e os seus lacaios europeso e do grupo de Lima. A súa guerra cruelmente desatada contra todo o pobo venezolano non é capaz de reducir a resistencia do chavismo consciente e combativo.

Vitoria ante as continuas agresións e chamadas a ignorar o proceso electoral daquela da cipaia e traidora ao seu país. Y vitoria contundente sobre os seus opoñentes electorais.
Unha vitoria que demostra que a xente consciente sabe distinguir perfectamente cales son os seus verdadeiros inimigos e responsábeis dos males que padecen a nosa irmá república, e que por iso, e como pobo valente, deciden enfrontarse a eles.

MADURO, AO IMPERIO DALLE DURO!

CHÁVEZ VIVE, A LOITA SEGUE!!!

Deixa un comentario