AGABO denuncia a decisión do Parlamento Europeo de aumentar o bloqueo contra Venezuela e roubar o seu patrimonio público

AGABO denuncia a decisión do Parlamento Europeo de aumentar o bloqueo contra Venezuela e roubar o seu patrimonio público
O Parlamento Europeo ven de aprobar un incremento das medidas ilegais de coacción que impiden ao pobo soberano de Venezuela dispór de alimentos, medicinas e outros bens esenciais. A ignominiosa decisión da cámara da UE, que se acomoda aos intereses da presidencia dos EUA, está identificada coas siglas 2019/295 (RSP) e foi votada 10/07/2020.

A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez chama a atención sobre a ilegalidade esencial deste cruel dictado do Parlamento Europeo que, a instancias do goberno de Trump, lexitima o bloqueo económico, financeiro e comercial de Venezuela a medio da aplicación ilegal das mal chamadas sancións; xustifica o saqueo de activos que son propiedade da República Bolivariana de Venezuela, e en concreto serve de cobertura para a apropiación indebida por parte de Inglaterra de 31 toneladas de ouro das reservas do Estado de Venezuela e bloquea a transferencia deses fondos ao Programa de Naciones Unidas para o Desenvolvemento para atender a pandemia do Covid-19, como solicitara o goberno democrático de Venezuela.

A insólita e inmoral decisión do Parlamento Europeo abre novas portas para a retención ou transferencia ilegal de recursos e activos, propiedade da Nación venezolana, para llos desviar a gobernos e cúmplices políticos da extrema dereita latinoamericana, so capa dunha presunta atención a migrantes que nunca se deu materializado.

Como ten advertido a Asemblea Nacional Constituinte, Venezuela é o único pais de Latinoamérica que está a vivir o retorno masivo de migrados, a Colombia, Brasil, Ecuador, Peru, Bolivia e Chile, de connacionais queabandonaran a terra a causa do deterioro das condicións de vida. Inducido polo bloqueo e as ilegais sancións externas. De certo, o trato inhumano, xenofobia e discriminación que estes migrantes reciben de gobernos aliados do imperialismo acaba sendo un fabuloso negocio criminal, arestorarespaldado polos euro-parlamentarios.
A opinión da UE debe saber que a Fiscalía de Colombia ten aberta unha investigación con data 19/06/2019 ao valedor dos intereses de Washington Juan Guaidó, por presunta corrupción no uso de recursos da ComunidadeInternacional que estaban dirixigos a axuda humanitaria; os seus antigos partidarios presentaron outra semellante na Asemblea Nacional de Venezuela por transferencia ilegal de activos das empresas filiais de Petróleos de Venezuela: Citgo ( Estados Unidos) e Monomeros (Colombia).

Coa súa resolución, o Parlamento Europeo non fai senón esbanzar a vía pacífica, democrática e electoral trazada pola Mesa de Diálogo
Nacional que acadou o consenso de 105 organizacións políticas nacionais para designar novas autoridades do Consello Nacional Electoral, o pasado 12/06/2020, e estabelecer a data 06/12/2020 para as eleccións parlamentaria previstas na Constitución.

O Parlamento Europea avalia o linchamento moral e a censura dos deputados e lexisladores venezolanos (do actual goberno e da oposición)
cun desprezo do voto popular que lles dera a acta pública que invalida o espazo natural do debate político. Deste xeito, os parlamentarios europeos renegan da súa propia razón de ser e aldraxan un principio fundamental da Democracia.


O Parlamento Europeo desconsidera os sobresaíntes resultados do goberno do Presidente Nicolas Maduro no tratamento da pandemia do Covid-19,que converten á Venezuela bloqueada no pais cos máis baixos indicativos de letalidade da súa rexión natural. Estes resultados foron recoñecidos polas Nacións Unidas.

AGABO ratifica o seu compromiso coas institucións da República Bolivariana de Venezuela, respaldadas polo voto popular e soberano,
co seu Presidente Nicolas Maduro Moros e co proxecto político bolivariano, humanista, socialista e Chavista, do que se dotou o
heroico pobo de Venezuela en 23 procesos electorales lexítimos.

AGABO entende que ao cercar, bloquear e roubar o patrimonio público da República Bolivariana de Venezuela, o Parlamento Europeo deita a defensa da democracia e os seus propósitos de solidariedade internacional aos pés do imperialismo. A recomendación de AGABO para os parlamentarios europeos é que xulguen as consecuencias da política de derrama incesante dos sistemas sanitários públicos da Unión e que os comparen cos resultados do sistema integral de atención de Venezuela que garante consulta, probas clinicas, hospitalización e tratamento gratuíto.

Respecto para Venezuela!

Viva Maduro!

Viva Chávez!

Viva a Revolución Bolivariana!

Galiza, 14.07.20

Deixa un comentario