A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) fai un chamamento á opinión pública de Galiza en defensa do goberno lexítimo de Venezuela e do presidente Nicolás Maduro Moros, contra o intento de suplantar o poder democrático por un pequeno grupo de traidores uniformados que, esta mañá, finxiron ordes de suspender o arresto domiciliario do golpista opositor Leopoldo López.
AGABO transmite ao goberno da República Bolivariana de Venezuela o seu voto decidido polo triunfo da legalidade democrática e recomenda á leas amizade galego-venezolana que desconfíe das informacións que pretenden presentar a un pequeno grupo de golpistas como redentores da verdade e da paz, cando a realidade os declara suxeitos de traizón vendidos aos intereses do imperialismo.
Vigo, 30 de abril de 2019