AGABO condena a colaboración do Goberno español na fuga do delincuente Leopoldo López

A colaboración prestada desde a embaixada de España en Caracas a Leopoldo López, para libralo da rendición de contas perante a Administración de Xustiza da República Bolivariana de Venezuela, é unha aldraxe dos principios da política democrática e do dereito internacional que implica ao goberno de Madrid. A fuga de López, reo do frustrado golpe de estado de abril de 2019, da Operación Gedeón, de agosto seguinte, e de ser responsábel da morte e lesións de centos de persoas nos anos 2014 e 2018, contou coa axuda necesaria do embaixador español.

A Asociacion Galego Bolivariana Hugo Chávez non pode senón expresar a súa condena polo malbarate que o gabinete de Madrid fai dun acordo de relacións diplomáticas plenas coa querida República Bolivariana de Venezuela. Este feito delitivo require ser xulgado politicamente nunha circunstancia na que o goberno de Caracas, bloqueado e calumniado pola presidencia de Washington, recibe da dirección de política exterior da UE, da que é responsábel o socialista Josep Borrel Fontelles, infundios e desconfianza fronte ás vindeiras eleccións lexislativas de Venezuela.
A vista da colaboración prestada pola embaixada de España ao delincuente Leopoldo López, podemos concluír que tanto o goberno de Sánchez coma a UE corroboran a política terrorista de Trump e desprezan os esforzos do pobo e o goberno de Venezuela por conseguir unha consulta electoral con plena participación e garantías.

Invitamos a política, o sindicalismo e a cultura de Galiza a sumárense a esta protesta necesaria.


RESPECTEN VENEZUELA!

FÓRA IMPERIALISMO!

VIVA CHÁVEZ!

VIVA MADURO!

Deixa un comentario