Desde este espazo, expresamos a nosa firme condena ante a censura de tres películas venezolanas que formaban parte da programación da Casa de América en Madrid por presións da extrema dereita madrileña. A medida representa un ataque directo á liberdade de expresión, á arte e ao diálogo cultural.
O cinema, como manifestación artística e cultural, é unha ferramenta poderosa para fomentar o pensamento crítico e promover. A censura destas obras impide o coñecemento de outras perspectivas diferentes, silencia voces que merecen ser escoitadas nun espazo dedicado ao intercambio cultural como o é a Casa de América.
Resulta significativo que quen acusa ao goberno bolivariano de Venezuela de ser “ditatorial” exerzan prácticas de censura. Estas accións evidencian un discurso que busca impoñer unha narrativa única, negando o dereito á pluralidade e ao debate aberto. Estanse a socavar liberdades conquistadas tras décadas de loita e esforzo colectivo volvendo a prácticas propias do franquismo.
Non podemos permitir que se normalicen actitudes que nos devolvan a un pasado autoritario que criamos superado e facemos un chamado a organizacións de base, ,sindicatos, e movementos asociativos para que difundan estas películas como resposta á unha censura que non ten cabida nunha sociedade que se pretende democrática.

As peliculas censuradas son as seguintes:
La batalla de los puentes, Ali Primera la pelicula e Operacion Orion